VILARDEVÓS
(Santa María): A parroquía menciónase no 1474 cos anexos de Rubiós, Romariz, Bustelo, Moimenta Trasigrexa. Posúe catro ermidas de propiedade dos veciño. A mediados do século XVIII era de xurisdicción (en parte) da Colexiada de Xunqueira de Ambia.
O topónimo procede de Vilar(lat. Villare) e un diminutivo de avus/aviolos(avos), antepasados. No 908, en tempos das repovoacións de Ordoño II, mencionase un Vilar de Avolos e no 1281 aparece un Uiliar d´Auoós. No documento de 1029 só se menciona un Villar e un Villar Seco sen saber se corresponden con este. Avolo figura unha orixe antroponímica. Vilar da boos aparece no 1474, Villardabós/Villardavós no 1763 e mais tarde (1777) designariase como Villar da Vos e Villar Dabós, producíndose diversas interpretacioóns sobre a súa orixe a partir destas formas erradas








Leer más...